Re-deseño do logotipo da discográfica Matapadre


Re-deseño do logotipo da discográfica Matapadre

Para o re-deseño do logotipo da discográfica galega Matapadre, partimos dunha idea de rexuvenecemento da propia identidade con formas e tipografía informais, casuais, con forza e espontaneidade. Debido á variedade de formatos nos que soe estar presente un logotipo dunha discográfica, buscamos unha solución que conxugara a estética coa eficacia en grandes dimensións e tamén moi pequenas como poden ser CDs, entradas, etc. Unha presenza icónica que a maiores servise como atractivo en merchandising da discográfica (camisetas, auto-colantes).

Logotipo e tarxetas de visita para o profesor de alemán Matías Unruh

O cliente solicitounos un estilo claro e limpo orientado a persoas de calquera idade que, á súa vez, transmitira seriedade. Deseñamos o logotipo de tal forma que suxerira experiencia e seguridade, solidez.

Imaxe corporativa Fío Comunicación

Para deseñar o noso logotipo, procuramos un estilo sinxelo, cuxa lectura fora inmediata e que remitira á idea de creación e modernidade. Ideamos a tilde como un trazo de rotulador e á vez un fío, aludindo ao propio nome da empresa e tamén aos valores que a caracterizan: Imaxinación, frescura e, sobre todo, calidade do deseño. No que se refire aos usos en carta, sobre e tarxeta, trasladamos o peso visual do logotipo engadindo unha forte presenza das cores corporativas que afianzan os conceptos que envolven a empresa

Invitación para a voda de Daga&Nolo

Para esta invitación de voda, a parella manifestounos a súa vontade de realizar un traballo desenfandado e vitalista que reflectira os seus lugares de orixe. Traballamos sobre a idea dunha pasaxe de avión simbolizando as súas continuas viaxes entre Polonia e Galicia e, ao mesmo tempo, xogaba coa idea de que as distancias, con amor, non son tan longas. A petición da parella, engadimos un elemento para cada un deles que sintetizara parte das súas paixóns; No caso de Nolo é unha traíña, elemento vinculado ao seus anos como remeiro, e para Daga deseñamos un globo terráqueo aludindo á súa paixón por viaxar


Logotipo e tarxetas de visita para a escola de idiomas 7ieteLAB

7ieteLAB é un novo concepto de escola de idiomas. Novas metodoloxías de aprendizaxe cun predominio das ferramentas interactivas. Con estas premisas, orientamos o deseño cara unha perspectiva acorde á significación do proxecto. Cores vivas e tipografías que combinaran dinamismo con profesionalidade. Na aplicación en tarxetas, creamos un entorno no que a información fose clara e efectiva sen renunciar ao espazo da estética e sentido do proxecto

Cartaz para a I Xornada Deporte e Saúde celebrada en Moaña

Baseándonos na idea de a xornada ser un espazo de confluencia máis aló do xeracional, deseñamos unha imaxe limpa, de cores frescas e vivas, na que xogamos coa idea de "pegada" no deporte. Desta forma pretendemos cohesionar todos os ámbitos deportivos que se ían tratar na Xornada, así como facer fincapé no roteiro que estaba programado para a mañá

Fotografías publicitarias para o Centro Veterinario Os Duráns de Vilagarcía de Arousa

Realizadas para a súa difusión web -www.cvosdurans.com- e o posicionamento comercial dos servizos da Clínica dende unha perspectiva gráfica e transparente